TITORÍA PASCUA ESO

DEPARTAMENTO DE PASTORAL - TITORÍA DE PASCUA 2015

A Pascua é o tempo no que as nosas actitudes deben sumar nas nosas vidas, porque non só son actitudes de vida, senón tamén son actitudes que dan vida, como é o entusiasmo, o perdón, o silencio, etc. Non hai nada como entregarse aos demais desinteresadamente, tratar de ser menos EU e máis NÓS.
Así que, párate a pensar en que posición te encontras ti; Só pensas en ti ou buscas o ben de todos?



ACTIVIDADE: S.O.S.
Imaxinámonos que a Pascua é como un barco no medio do mar. Dise que estamos a naufragar, que os nosos problemas e preocupacións nos ocasionaron unha tormenta que nos fixo perder o rumbo, e que necesitamos auxilio. Por iso imos poñer o noso berro de auxilio nunha botella, para que o vento e as mareas a leven a onde poidan axudarnos... a Deus mesmo.
Así, cadaquén escribe unha ou dúas actitudes das cales queira ser rescatados nesta Pascua, é dicir, que actitudes restan na miña vida e quero eliminar ou converter en actitudes positivas na miña vida. 



LECTURA XESÚS RESUCITOU! QUEDA PROHIBIDO… (Anexo)

Oración final (xuntos)
Señor, ensíname a ser xeneroso,
A dar sen calcular,
A devolver ben por mal,
A servir sen esperar recompensa,
A achegarme ao que menos me agrada,
A facer o ben ao que nada pode retribuírme,
A amar sempre gratuitamente,
A traballar sen preocuparme do repouso.
E, ao non ter outra cousa que dar,
A doarme en todo e cada vez máis
A aquel que necesita de min
Esperando só de ti
A recompensa.
O mellor: esperando que Ti mesmo
Sexas a miña recompensa. Amén







FELIZ PASCUA DE RESURRECCIÓN!!!

"Ide e contade o que vistes e oístes", porque fomos testemuñas da Resurrección de Cristo; venceu á morte e VIVE para que nós tamén teñamos Vida.
A nosa alegría, que explotou na noite da Vixilia Pascual, non pode conterse... O día de hoxe é un día de festa e xúbilo que resoa por todos os cantos da terra e que se prolonga durante cincuenta días.

Berremos cheos de alegría, aos catro ventos, que Xesús, o Señor dos amigos, o Señor dos encontros, o Señor da VIDA Resucitou! Que se nos note que resucitou tamén en nós, que nos renova por dentro, que nos transforma e nos dá novos motivos para a VIDA e a ESPERANZA de todos.