DOMUND 2015




"Como a choiva fina sobre a terra" é expresión do traballo silencioso e escondido dos misioneiros e misioneiras que, como a choiva de primavera, cala no interior dos corazóns.
Son catro obras de misericordia:
a) Ensinar ao que non sabe. A nena, obsesionada coa súa tartaruga Froski, recibe unha lección maxistral dun misioneiro colombiano que vive o desprendemento das cousas e de si mesmo.
b) A misioneira coa pregunta "Viñeches a mirar ou queres axudar?", axuda ao
mozo indiferente a tomar partido na vida e, co seu exemplo, descóbrelle a necesidade de amar con todo o seu corazón a calquera persoa, aínda que sexa a un bebé a piques de morrer.
c) Porque me dá a gana é o argumento da misioneira que perdoa e se desvive cos máis marxinados, aínda que a recompensa non sexa outra que o desprezo.
d) Un pai de familia advirte, na entrega incondicional do misioneiro, que a súa filla enferma é "A moza máis guapa do barrio".

Estas catro historias provocan un cambio de vida nos seus protagonistas:
a) Favorecen e axudan a caer na conta do valor relativo daquelas accións que empequenecen á persoa, cando se encerra en si mesma e nas súas cousas. A vida do misioneiro é unha escola onde os demais aprenden a poñer o corazón nas cousas grandes.
b) Suscitan un amor maduro e calado, lonxe do sentimentalismo ou da procura de compensacións. O amor non é un brote espontáneo ou circunstancial do corazón senón un amor sen medida que se mantén no tempo 
c) O amor misericordioso non sabe de acepción de persoas. Por iso é polo que o don do perdón sexa a expresión máis nobre do amor humano, e evanxélico. Pero un perdón que nace da libre vontade de facer posible a fraternidade. Un corazón que perdoa sempre e cantas veces sexan necesarias.
d) É fácil advertir na vida do misioneiro que os seus xestos de misericordia son naturais, non forzados, algo así como o latexo do seu corazón. Así o testifica o taxista ao falar do misioneiro que desde hai trinta anos deixou a súa terra para ser un deles.

FICHA DOMUND ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario