PASO ETAPA JMV

O pasado 3 de decembro celebramos o paso de etapa de JMV. Os rapaces, dende 4º EP ata Bacharelato, estiveron acompañados das súas catequistas e da Hermana delegada.

Foi unha celebración sinxela, onde algúns alumnos leron as súas cartas e expuxeron o motivo que lle impulsa a pasar de etapa e dar un paso máis dentro da asociación JMV.

Entregáronselles os símbolos correspondentes a cada etapa para que os conserven orgullosos de ser novos cristiáns ao estilo de María e Vicenciano ao servizo dos máis pobres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario