CELEBRANDO A SEMANA VOCACIONAL 2014

Como cada ano celebramos a Semana Vocación Misión que conclúe o día 15 de marzo coa Festa de Santa Luisa de Marillac, cofundadora das Fillas da Caridade.
Este ano fixémolo dunha forma especial. Empezamos o xoves despois de de cinza cunha celebración para os máis pequenos na que reflexionaron sobre como debemos cambiar para transformar o mundo. Marcharon da celebración cunha cruz de cores na fronte que simbolizaba a alegría da compromiso da conversión e o compromiso de ser cada día un pouco mellores.
O luns comezamos a semana vocacional con convivencias dende 1º a 4º de ESO e 6º de Primaria, cada día un  curso e compartindo cos mesmos cursos de alumnos de San Narciso, o colexio anfitrión. Tivemos un animador de excepción, o Padre José Luis Castillo, que estivo toda semana connosco compartindo VIDA e ilusión, axudando aos alumnos (e mestres) a profundar sobre o sentido da nosa vocación humana e cristiá. Cada día rematabamos, como non, celebrabdo a Vida na celebración da eucaristía. Neste mesmo marco, o martes pola tarde o P. José Luis estivo pola tarde cos profes e o mércores animou os grupos de JMV. O venres rematou a súa "maratón" cunha Eucaristía cos alumnos de 3º a 5º de Primaria e cun grupo de pais que se animaron a participar. Esperamos contar con el en máis ocasións.
Ademais, esta semana, dentro da faceta da misión e como vicencianos, iniciamos a dinámica das "Mans solidarias", camiñando cara á Pascua, conducindo cara a unha misión: Guinea. É a nosa forma de dicir SI á vida, de sensibilizarnos cos que menos teñen e participando na misión de amor herdeiros do carisma de San Vicente de Paúl e de Santa Luísa de Marillac.

No hay comentarios:

Publicar un comentario