Un pouco máis tarde do que tiñamos previsto na programación de inicio de curso, nestes días de fin de maio e inicio de xuño, celebramos a nosa SEMANA VOCACIÓN-MISIÓN baixo o lema CHÁMOTE A TI. SÍGUEME!!!!
E como actividade complementaria ás catequeses e titorías de cada curso, programamos o visionado da película-documental "LA ÚLTIMA CIMA" unha longametraxe documental sobre Pablo Domínguez, sacerdote madrileño que faleceu en febrero de 2009 nun accidente, ao descender o cume do Moncayo. Tiña 42 años. LA ÚLTIMA CIMA amosa un tipo de sacerdote do que ninguén fala: sacerdotes xenerosos, alegres, serviciais, humildes… Sacerdotes anónimos que serven a Dios, servindo aos demais.
E para crear ambiente, un invitado de excepción, VÍCTOR, o que fora párroco de Marín hai 8 anos, veu visitarnos ao cole e dirixiuse a todos para falarnos da súa vocación e dos seus proxectos, insistíndonos na idea de que non deixemos de crer en Deus; El sempre está connosco para acompañarnos, para levarnos no colo cando estamos cansos da viaxe. Del son as pegadas que vemos na area, son os seus brazos os que nos transportan. E agora pídenos que sexamos nós os seus brazos e os seus pés para construír un mundo mellor. Grazas, Víctor, por ser testemuña e animarnos a nós nesta misión, na construción do Reino, o gran proxecto de Xesús.
Trailer Película "La última cima"
Trailer 2 - Película "La última cima"
Inicio Película "La última cima"
TESTEMUÑOS no preestreno de LA ÚLTIMA CIMA
DEPARTAMENTO DE PASTORAL COLEXIO LA INMACULADA (MARÍN) Nun mundo cheo de interrogantes e de crise e porque estamos chamados a vivir de acordo con aquilo que cremos, queremos anunciar, de modo renovado, a novidade transformadora da Boa Nova de Xesús a toda a comunidade educativa, dende o carisma vicenciano, coma proxecto de vida persoal e comunitario, e coma un compromiso pola xustiza e cos máis pobres.
SEMANA VOCACIÓN-MISIÓN
CAMPAMENTOS JMV 2011
Xa estamos na recta final de curso e temos que empezar a pensar no que imos facer este verán. Por iso, dende este blog queremos facerche unha proposta fantástica... Un modo distinto de vivir o verán, de disfrutar da natureza, coñecer novos amigos e achegarte un pouco máis a Xesús e á sua mensaxe . Como? Participando nos campamentos de JMV.
ANÍMATE!!!! CONTAMOS CONTIGO!!!!
5º y 6º de Educación Primaria:
La Mata del Curueño (León).
20 al 30 de julio de 20111º Educación Secundaria:
Tui (Pontevedra).
20 al 30 de julio de 2011
2º y 3º de Educación Secundaria:
La Mata del Curueño (León).
10 al 20 de julio de 2011
SEMANA VOCACIÓN - MISIÓN 2011 PARÁBOLAS
Este ano o lema da Semana Vocación-Misión é: "Chámote a ti. Sígueme", inspirado nas palabras que Xesús ofrece no Evanxeo de Xoán . E chama por cada un de nós. É unha chamada a seguilo e servir aos máis pobres, axudar a quen necesita da nosa man, o noso cariño e comprensión.
“En verdade vos digo que canto fixestes a un destes meus irmáns máis pequenos, a min mo fixestes” (Mt 25,40)
O mural invítanos a iniciar o camiño. Un camiño xa andado polos que nos precederon, tal e como o vemos seguindo as pegadas; un camiño coñecido, nunca en soidade, en compañía, a Comunidade camiña ao noso lado.
O horizonte que se enxerga nesta andaina son os pobres, as miserias que esperan algo de nós, as necesidades que nos invitan a espertar e desenvolver a nosa creatividade, porque como dicía San Vicente: "O amor é creativo ata o infinito".
Dar un paso cara a adiante, camiñar, é iniciar unha andaina de vida que pode cambiar o rumbo do que imos facendo ata agora.O horizonte que se enxerga nesta andaina son os pobres, as miserias que esperan algo de nós, as necesidades que nos invitan a espertar e desenvolver a nosa creatividade, porque como dicía San Vicente: "O amor é creativo ata o infinito".
Camiñar é descubrir fraquezas, inseguridades, medos... pero á vez espertar a unha riqueza interior insospeitada na rutina do cotián vivir.
Camiñar é espertar ao novo, atreverse a mirar máis alá, cos lentes da fe.Camiñar é apostar polo cambio, romper coas ataduras do doado, da comodidade, do individualismo.
Camiñar é vivir coa esperanza de quen nunca se para, de quen vive en busca permanente ata encontrarse con quen é o motor e razón de vida: Cristo o Señor.
Atrevámonos a responder: Que queres de min, Xesús? A que me chamas? Que teño eu que poida ofrecerte? Probablemente a súa resposta nos sorprenda.
Camiñar é vivir coa esperanza de quen nunca se para, de quen vive en busca permanente ata encontrarse con quen é o motor e razón de vida: Cristo o Señor.
Atrevámonos a responder: Que queres de min, Xesús? A que me chamas? Que teño eu que poida ofrecerte? Probablemente a súa resposta nos sorprenda.
Necesítanse mozos e mozas inquedos, soñadores, atrevidos e alegres, mozos e mozas capaces de darse para a construción dunha sociedade máis xusta e fraterna.
Atrévete a escoitar a Xesús e SÍGUEO!
3º CICLO PRIMARIA
El buen samaritano
2º CICLO PRIMARIA
INFANTIL - 1º CICLO PRIMARIA
Debemos ayudar a todos y perdonar (dibujos y canción títeres)
NARRACIÓN DA PARÁBOLA DO BO SAMARITANO
OUTRAS PARÁBOLAS DE XESÚS
La oveja perdida
Hijo pródigo títeres (Samy y sus amigos)
Etiquetas:
parabolas,
semana vocación misión
JMV - MARCHA MARIANA 2011
... Un camiño e unha festa
Baixo o lema "Con María, mergullados en Cristo", o sábado 14 de maio celebramos en Oleiros a MARCHA MARIANA de JMV- GALICIA
Trátase dunha cita de oración, de convivencia, xogos... pero, sobre todo festiva, promovida por JMV (Juventudes Marianas Vicencianas), na que María é o centro do noso camiñar.
Se todos somos colaboradores de Deus, hai alguén que nos dá exemplo e nos acompaña no camiño: María, nai de Deus e nosa nai, a gran colaboradora de Deus, porque ela mesma nos deu a Xesús.
Esa xornada é un pouco, como a nosa vida. Un camiño con momentos bos e malos (hai pendentes, toxos, pasamos necesidade -fame, sede, cansazo.....); con esforzo e disfrute; con compañía.. e con momentos de reflexión, .... Pero, en definitiva, unha xornada festiva acompañados de María.
Aquí tedes unha mostra dos bos momentos vividos. Tede paciencia, son moitas fotos...
Oración, presentación, Eucaristía
Traballo de grupo no dolmen de Axeitos
Camiñando
Xogos
Etiquetas:
JMV,
Marcha Mariana,
María
BENDITA MARÍA
BENDITA LA LUZ, BENDITA MARÍA
E grazas, Carol, por descubrirnos esta canción:
MARÍA, MARÍA
VIDA DE MARÍA
E grazas, Carol, por descubrirnos esta canción:
MARÍA, MARÍA
VIDA DE MARÍA
2º ESO B ANUNCIA A XESÚS RESUCITADO
E fixérono entre toda a clase, en verso. Vede o poema resultante nunha improvisada práctica de acrósticos:
XERAS ESPERANZA NO MEU INTERIOR
ESTÁS SEMPRE NO MEU CORAZÓN
SORRINDO PARA MIN EN CALQUERA MOMENTO
UBICADO NA MIÑA ALMA
SACANDO O MELLOR DE MIN.
RESUCITAS
ESTÁS ENTRE NÓS
SENTES POR NÓS
UNHA SOA MIRADA
CABE NA NOSA ALMA
INMENSAMENTE DEUS
TRABALLANDO POLA VIDA
ORANDO POR NÓS
UNHA VEZ MÁIS
XERAS ESPERANZA NO MEU INTERIOR
ESTÁS SEMPRE NO MEU CORAZÓN
SORRINDO PARA MIN EN CALQUERA MOMENTO
UBICADO NA MIÑA ALMA
SACANDO O MELLOR DE MIN.
RESUCITAS
ESTÁS ENTRE NÓS
SENTES POR NÓS
UNHA SOA MIRADA
CABE NA NOSA ALMA
INMENSAMENTE DEUS
TRABALLANDO POLA VIDA
ORANDO POR NÓS
UNHA VEZ MÁIS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)